Arco Iris pide que se paralice a retirada de amianto dun colexio pola súa alta toxicidade
A organización alerta de que a simple inhalación dunha mínima cantidade deste material é abonda para que poida producirse danos irreversibles nos pulmóns.
La de amianto
A asociación ecoloxista Arco Iris vén de esixir a inmediata paralización dos traballos de retirada de amianto do colexio Ramón da Sagra (A Coruña), polos "riscos para a saúde humana que se poden derivar da manipulación indebida deste material extremadamente tóxico nunha contorna escolar". A asociación alerta de que a simple inhalación dunha "mínima cantidade de asbesto" é abonda para que poidan producirse "danos irreversibles nos pulmóns e mesmo o desenvolvemento de cancros mortais como o mesotelioma".
Desde Arco Iris advirten que a presenza de vento forte estes días "fai aínda máis perigosos estes traballos" e é "deber da Consellería de Educación" aprazalos ata que se inicie o período vacacional. Piden ademais que non se apele "á existencia de prazos inminentes da UE" para acceder a unha "miserable" subvención.
A asociación ecoloxista conseguiu a retirada deste material en diversos edificios "con garantías" e afean que a Xunta "improvise" e mostre "falta de sensibilidade" pola saúde e o medio ambiente.
Escribe tu comentario