Sogama, entre as primeiras "fábricas do cambio climático" de Galicia
Entre 2009 e 2015, "vertendo e queimando menos residuos", aumentou case un 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Sogama aumentou case un 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro entre 2009 e 2015, malia ter diminuído a cantidade de residuos que trata. Así o denuncia Adega, en base á memoria da empresa publicada recentemente "por imperativo legal", tal e como recorda a asociación ecoloxista.
Do informe despréndese que "ao compararmos o ano 2015 co 2009 e tendo en conta as emisións de GEIs por tonelada 'tratada', estas aumentaron para o conxunto dos residuos un 47,7% en 2015, malia a que en 2009 tratáronse unhas 85.000 toneladas máis", analizou Adega.
Con estas cifras, Adega cuestiona "como é posíbel que vertendo e queimando menos residuos, Sogama estea a ser máis intensiva na emisión de gases de efeito invernadoiro?". Ademáis, cualifica a empresa pública como unha das primeiras "fábricas de cambio climático" de Galicia.
UNHA MALA INCINERACIÓN É IGUAL CA UN VERQUIDO
Ademais, sinala que, en base á memoria, SOGAMA recoñece que tampouco cumpriu o índice de eficiencia da incineración, que a normativa establece nun mínimo de 0,6 para que o proceso poida ser considerado unha valorización enerxética, polo que "o proceso non sería moi distinto a cando o lixo se queimaba nos vertedoiros" .
Ao tempo, ciritcan que "o modelo do que presume a conselleira é terceiro-mundista en cifras de reciclaxe, intensivo na emisión de gases de efecto invernadoiro e fortemente ineficiente (ademais de caro e lesivo para os intereses públicos)".
Escribe tu comentario