#Claves de la semana

​Sogama promociona a compostaxe nos fogares

Inaugura unha web que pretende explicar en que consiste o compost e como se pode elaborar de acordo cos requisitos da normativa vixente.


|




Sogama e a Consellería de Medio Ambiente inauguran este luns unha páxina web (www.compostaconsogama.es) que pretende difundir a compostaxe nos fogares, difundindo as súas vantaxes económicas e sociais.


Trátase dunha iniciativa enmarcada na campaña ‘Ti es a peza que falta’, que pretende explicar en que consiste o compost e como se pode elaborar de acordo cos requisitos da normativa vixente. En concreto, a web estruturarase en diferentes apartados que detallarán que é a compostaxe doméstica, que factores inflúen nel ou as solucións e beneficios que achega.


Así mesmo, especificarase que materiais deben ser depositados no recipiente e achegaranse alternativas sobre a elaboración manual deste envase para aquelas familias que non poidan ou non queiran compralo. A información achegada en forma de manuais complementarase con vídeos.


Mentres desenvolme esta iniciativa, Sogama segue pensando abrir unha planta de compostaxe propia para 2017, aínda que a asociación ecoloxista Adega ten expresado as súas dúbidas sobre o seu funcionamento. 

relacionada Pontevedra forma mestres composteiros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE