#Claves de la semana

Adega acusa a Sogama de ter índices de reciclaxe "propios do franquismo"

A organización ecoloxista considera que o ratio de postos de traballo é baixo en relación á cantidade de residuos xestionados por Sogama. 


|

Sogama2


A asociación ecoloxista Adega denunciou que Sogama ten uns índices de reciclaxe de 3,32 toneladas por cada 100 que recibe --o 3,32%--, o que os sitúa entre "os máis baixos de Europa" e convérteos en "propios do franquismo".


Segundo os datos da memoria de sustentabilidade de 2015 da entidade, recollidos por Adega, este índice foi, ademais, inferior ao de 2014 --do 6,3%-- e de 2013 --3,4%--, o que supón que é "tecnicamente equivalente a un vertedoiro" e "cada vez recicla menos".


Ante estas cifras, a asociación ecoloxista preguntouse "como Sogama vai cumprir" os obxectivos de reciclaxe mínima europea, que a UE fixa no 50 por cento para 2020.


POSTOS DE TRABALLO


Outra conclusión que extrae Adega da memoria de Sogma fai referencia aos postos de traballo que xenera "unha instalación que trata o lixo do 94% dos concellos galegos". Desde a organización ecoloxista din que "cun custo anual de máis de 118 millóns de euros", o persoal propio de Sogama ascende a 23 persoas, "todas de perfil administrativo e técnico". Ademais, no seu comunicado indican que contando o emprego das empresas subcontratadas, habería outras 329 persoas que traballan no complexo, facendo un total de 352.


A organización ecoloxista considera que a cantidade de residuos xestionados por Sogama non se corresponde co ratio de postos de traballo, que para 100.000 toneladas sería, segundo o cálculo dos ecoloxistas, de aproximadamente 43.


Finalmente, Adega lembrou que a Comisión Europea, nunha recente comunicación por mor dunha pregunta presentada a iniciativa do BNG, confirmou que Sogama "nin sequera valoriza enerxéticamente a metade dos residuos que recibe" e que "incinera".


SOGAMA DEFENDE A SÚA ACTUACIÓN


Sogama, pola súa banda, lanzou un comunicado para asegurar que o seu modelo, "avalado pola Unión Europea", garante a xestión "correcta, rigorosa e responsable" dos residuos urbanos producidos en Galicia.


Sogama asegurou que no seu complexo ambiental de Cerceda só se tratan dúas fraccións de residuos: os envases lixeiros da bolsa amarela (latas, briks e envases de plástico), que a entidade clasifica por tipoloxías para ser remitidos aos centros recicladores; e, por outra banda, o lixo en masa integrada na coñecida como bolsa negra.


"Se non hai máis remedio, e a pesar de que esta só debería albergar a parte non reciclable dos residuos, o certo é que os cidadáns, ben por descoñecemento, por erro ou por falta de concienciación, aínda depositan nos colectores verdes convencionais materiais susceptibles de ser reciclados (aceiro, aluminio e vidro), que a compañía, cun gran esforzo técnico e loxístico, clasifica para proporcionar o seu posterior reciclado", indica a empresa pública.


Neste escenario, Sogama incidiu en non xestiona "nin vidro, nin papel/cartón, nin pilas, nin residuos especiais procedentes dos puntos limpos nin tampouco comerciais". Segundo apuntou, estas fraccións "teñen a súa propia vía de tratamento a través de xestores autorizados e, a diferenza do que fan outras plantas, non só computadas no seu balance empresarial".


Por iso, asegurou que non é Sogama quen ten que cumprir as porcentaxes de reciclaxe establecidas pola normativa vixente para ano 2020, senón España no seu conxunto. "Trátase dun traballo colaborativo entre as administracións, as plantas de tratamento, os cidadáns e os propios colectivos sociais, como é o caso das organizacións ecoloxistas", sinalou para incidir en que "todos, sen excepción, teñen que contribuír a que no 2020 póidase reciclar en España o 50% dos residuos producidos".


Ademais, asegurou que o incremento da reciclaxe é "unha prioridade" para a empresa pública e, de aí, o feito de que este mesmo mes fará pública a adxudicación da ampliación do seu complexo ambiental.

relacionada Sogama nega o proxecto de residuos industriais de Lousame
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE