#Claves de la semana

A nai superiora das Mercedarias nega retencións ilegais ante o xuíz

Asegura que a documentación das monxas indias estaba gardada no arquivo do convento, ao que podían acceder sempre que o necesitasen 


|


A nai superiora do Convento das Mercedarias tivo que abandonar a clausura por unhas horas para declarar como investigada no caso das relixiosas de orixe india supostamente retidas durante anos contra a súa vontade. Tamén declararon outras dúas monxas de orixe mexicana, neste caso en calidade de testemuñas.


A nai superiora, unha muller de idade avanzada, negou ante o xuíz calquera tipo de retención ilegal, asegurando que nunca coaccionou nin amenazou ás monxas indias para que non abandonasen o convento.


Asegura que as relixiosas de orixe india chegaron a Santiago fai entre 15 e 17 anos e permaneceron dende entón pola súa propia vontade. O desexo de abandonar a congregación non comezou a aparecer, según dixo, ata este verán. Cando maduraron a decisión e fixeron unha petición oficial en decembro, a nai superiora puxo o asunto en mans do Arcebispado, que comezou o trámite coa Santa Sede. Este trámite tería estado listo durante este mesmo mes, segundo afirmou a nai superiora.


Tamén se tivo que pronunciar sobre un dos puntos clave da investigación, se as monxas indias tiñan acceso á súa documentación persoal. A comitiva policial que sacou ás relixiosas indias do convento asegurou que as monxas non tiñan con elas os seus pasaportes. Pero a nai superiora asegura que se trata de algo normal. Sostén que os pasaportes e os DNI das relixiosas do convento están gardados no arquivo, donde cada unha delas ten unha carpeta á que ten acceso sempre que o precisan.


Trala declaración da única investigada do caso, é o momento de que o Xulgado decida se practica dilixencias adicionais e de que a Fiscalía determine se se persoa no caso. Se finalmente decide non facelo é probable que o caso quede cerrado, xa que as monxas indias decidiron non presentar denuncia. 

relacionada Citan para declarar a tres monxas das Mercedarias
relacionada O Papa critica a "inseminación artificial" de vocacións estranxeiras
relacionada As monxas indias que deixaron o convento das Mercedarias están vivindo en Madrid
relacionada A Policía detectou "ameazas veladas" no caso das monxas retidas en Santiago
relacionada As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes
relacionada A policia libera a tres monxas indias retidas contra a súa vontade durante anos nun convento de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE