#Claves de la semana

As monxas indias que deixaron o convento das Mercedarias están vivindo en Madrid

As relixiosas seguen sen querer denunciar, e están agradecidas á nai superiora por darlles "comida e casa durante vinte anos"


|


As tres monxas de orixe india supostamente retidas no convento das Mercedarias de Santiago están vivindo en Madrid, na casa da muller española que presentou a denuncia que destapou o caso, e que xa tiña como empregada do fogar á primeira monxa india que deixara hai anos o convento. 


A susodita muller, en declaracións a El programa de Ana Rosa de Telecico, asegurou que as tres relixiosas estaban durmindo na súa casa mentres "buscaban un sitio donde elas puideran estar".


Aproveitou para incidir na situación de cativerio na que segundo ela estaban as monxas en Santiago. Asegura que chegaron a Galicia engañadas, crendo que iban a converterse en enfermeiras, e que levaban "moito tempo intentando saír" da congregación.


Sostén que as relixiosas non sabían nin en qué cidade estaban, tiñan retida baixo chave a súa documentación e estaban ameazadas coa deportación. A nai superiora, según di, estaba "enaxenada" e parecía ter unha cruzada persoal para impedir que abandonaran o convento. 


Aínda así, asegura que as relixiosas indias seguen sen querer denunciar, e están agradecidas coa nai superiora, xa que lles deu "comida e casa durante vinte anos". 


O caso sigue por tanto pendente da decisión da Fiscalía, que se atopa agardando para comprobar se o xuíz encargado do caso ordena novas dilixencias, como unha posible declaración da nai superiora e das relixiosas que quedan no convento. 



relacionada Las Mercedarias muestran "perplejidad y dolor" ante el caso de las monjas retenidas
relacionada O xulgado do accidente de Angrois asume o caso das monxas retidas
relacionada Trascenden os testemuños das monxas retidas en Santiago
relacionada A Policía detectou "ameazas veladas" no caso das monxas retidas en Santiago
relacionada As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes
relacionada A policia libera a tres monxas indias retidas contra a súa vontade durante anos nun convento de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE