#Claves de la semana

As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes

A comitiva xudicial que sacou ás tres relixiosas de orixe india do convento de Santiago tivo que requerir a súa documentación á congregación. 


|


Pouco a pouco vanse coñecendo os detalles sobre as monxas de procedencia india presuntamente retidas dende hai anos no convento das Madres Mercedarias en Santiago de Compostela. 


Un dos puntos fundamentais para que siga adiante a investigación radica en averiguar se as mulleres podían ter acceso á súa documentación persoal e se eran obxecto dalgún tipo de coacción para non abandonar a clausura. 


O único que polo de agora ten sido confirmado é que as monxas non estaban en posesión dos seus pasaportes o pasado sábado. A comitiva xudicial que sacou ás tres relixiosas de orixe india do convento tivo que requirirlle á congregación a súa documentación. 


De feito, as tres mulleres alegaron que non coñecían a súa situación documental. e que foran advertidas da súa posible deportación se abandonaban o convento. 


Pese a todo, polo de agora non ten presentado denuncia. A investigación depende do posicionamento da Fiscalía, que está analizando os indicios para decidir se actúa de oficio. 



O ARCEBISPADO NEGA RETENCIÓN


Pola súa banda, o Arcebispado de Santiago negou que as monxas afectadas por este caso estivesen retidas no convento, á vez que aclarou que as mulleres iniciaran un proceso para deixar os hábitos.


Fontes do Arcebispado confirmaron que a congregación lles ha trasladado que as mulleres "non estaban retidas" no convento nin se produciron "coaccións". A maiores, sosteñen que tampouco se lles retirou " a documentación".


O Arcebispado lembrou que en ocasións prodúcense "determinados momentos" nos que as monxas deciden "abandonar a congregación", para o que hai que iniciar un proceso de "dispensa de votos" que "leva o seu tempo".


Neste caso, sostén o Arcebispado, as relixiosas --que levan "entre 15 e 17 anos na institución"--, iniciaron no verán "un proceso de discernimento, expóndose incluso a posibilidade de deixar a comunidade". A solicitude formal á nai superiora, apuntan, produciuse "o 14 de xaneiro".


A documentación para solicitade esta dispensa, informaron, "quedou concluída a nivel diocesano o pasado 21 de xaneiro" e estábase á espera da súa remisión á congregación correspondente da Santa Sé, polo que o Arcebispado mostrou a súa "sorpresa" polo "balbordo" xerado. Non consta na congregación que as relixiosas solicitasen "a exclaustración" con anterioridade a esta data.

relacionada A Xustiza investiga se as tres monxas indias estaban retidas contra a súa vontade
relacionada A policia libera a tres monxas indias retidas contra a súa vontade durante anos nun convento de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE