#Claves de la semana

O Papa critica a "inseminación artificial" de vocacións estranxeiras

Sen referirse directamente ao caso das monxas de orixe india supostamente retidas en Santiago, o Papa Francisco critica

a importación de vocacións relixiosas


|


O caso das tres monxas de orixe india supostamente retidas en Santiago parece ter chegado ata o Vaticano. O propio Papa Francisco realizou unhas declaracións que, sen mencionar directamente o caso galego, parecen demasiado oportunas para tratarse dunha simple casualidade. 


En concreto, o pontífice alerta contra a "inseminación artificial" de vocacións, facendo referencia aos conventos nos que se importan relixiosas estranxeiras con intereses espúreos. 


Durante un encontro con monxas e frailes no Vaticano, Francisco recoñeceu observar con preocupación o descenso de vocacións, mencionando expresamente o caso de España. Falou de "grandes monasterios" nos que tan só quedan "catro ou cinco monxas velliñas", unha descripción que se axusta perfectamente ao Convento das Mercedarias de Santiago. 


Francisco admite que nestas congregacións pode xurdir a tentación de traer relixiosas xóvenes: "pensan na vellez, que non falte esto, que non falte o outro...". Pero chama a non traer relixiosas de fóra a todo costa, algo que pode traer problemas. Pide "discernir"  se se trata de verdadeiras vocacións, e non intentar aumentar o proceso natural por métodos diferentes ao de "rezar con intensidade". 


PENDENTES DO XULGADO


Neste momento, o caso das monxas supostamente retidas en Santiago está pendente da actuación do xulgado responsable, que debe decidir se abre dilixencias adicionais como podería ser pedir a declaración da nai superiora. 


Unha vez aclarado este punto, a Fiscalía deberá decidir se ten "indicios" suficientes para persoarse no caso, xa que as relixiosas non presentaron denuncia. 

relacionada As monxas indias que deixaron o convento das Mercedarias están vivindo en Madrid
relacionada O xulgado do accidente de Angrois asume o caso das monxas retidas
relacionada Trascenden os testemuños das monxas retidas en Santiago
relacionada As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes
relacionada A policia libera a tres monxas indias retidas contra a súa vontade durante anos nun convento de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE