#Claves de la semana

Feijóo pecha a lexislatura presumindo do Montecelo e as listas de epera

O presidente avanza no Parlamento que os datos que se darán a coñecer en breve son "os mellores desde que hai rexistros".


|

160210parlamento01x

O presidente da Xunta avanzou que en breve se publicarán os datos das listas de espera sanitarias correspondentes ao primeiro semestre do ano e que serán "os mellores desde que hai rexistros", á vez que subliñou que, tamén este mes, procederase á firma do 'gran Montecelo' -a ampliación do hospital de Montecelo- co alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.


"Vostede que é de Pontevedra, debería alegrarse", trasladou Feijóo, á portavoz parlamentaria do PSdeG, Patricia Vilán, quen criticou a política sanitaria dos populares á fronte da Xunta, afeándolle cuestións como os "atrasos" na prescrición de fármacos contra a Hepatite C, o desvío de pacientes que queren interromper o seu embarazo ou a "privatización" do hospital de Vigo.


"A vostede que tanto lle gusta falar da herdanza de Zapatero; a súa herdanza é reducir o orzamento en sanidade e ter que destituír a unha conselleira tarde, mal e a rastro", espetou Vilán, a quen Feijóo respondeu dando por feito que el sente "máis cómodo" facendo un balance da súa política sanitaria que ela "facendo balance" do seu mes como portavoz, marcado pola polémica da elección do senador.


Feijóo, deu por pechada esta lexislatura na que será, previsiblemente, a súa última sesión de control, xa que a Cámara se disolverá para convocar as autonómicas de outono. E despediuse reivindicando o seu labor, con críticas a unha oposición que "non foi útil" a Galicia e cunha mensaxe preelectoral: "Estiven ás duras e, se os galegos queren, quedo ás maduras".

relacionada ​Reclaman transparencia nas listas de espera
relacionada ​SOS Sanidade Pública tratará de blindar a ampliación de Montecelo
relacionada Cientos de personas se manifiestan en Pontevedra en defensa de la sanidad publica y por un hospital "único"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE