#Claves de la semana

​Reclaman transparencia nas listas de espera

A Coordinadora antiprivatización da sanidade pública solicita ao Sergas "datos reais", así como os criterios para derivar pacientes á privada.


|

EsperaHAC


A Coordinadora antiprivatización da sanidade pública solicita coñecer os "datos reais" das listas de espera do Sergas, así como os criterios económicos que levan a derivar a un paciente a centros privados.


Así, este venres entregou un escrito na Delegación da Xunta na Coruña reclamando "datos reais" respecto das consultas, probas diagnósticas e operacións cirúrxicas.


Ademais, con esta solicitude, demanda coñecer tamén o número de pacientes que están nas listas de espera non estruturais, "ben por rexeitar ser derivado a un centro privado ou por non recibir aínda a notificación da data para a súa proba ou intervención".


Tamén reclama coñecer os "criterios" que se aplican para derivar a pacientes a clínicas privadas; ademais de ter coñecemento dos informes técnicos que levan á súa derivación.

relacionada ​A Valedora do Pobo pide transparencia para as listas de espera
relacionada Califican de “contos electorais” a promesa de reducción de listas de espera
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE