Salvamento Marítimo evacúa a unha octoxenaria dun buque a 140 millas da Coruña
A pasaxeira de 84 anos tivo que ser evacuada do buque 'Boudicca' que fai a travesía Vigo - Liverpool por deficiencia respiratoria e sangrado intestinal.
// Marine Traffic
Salvamento Marítimo evacuou este venres a unha pasaxeira de 84 anos do buque 'Boudicca', que viaxaba de Vigo a Liverpool, a 140 millas (260 quilómetros) ao norte da Coruña.
O Centro de Coordinación de salvamento MRCC Falmouth solicitou a colaboración de Salvamento Marítimo de España, xa que a pesar de que o buque 'Boudicca' se atopaba en zona de responsabilidade SAR británica (neses momentos achábase a 165 millas da Coruña), o helicóptero de salvamento con capacidade de chegar á zona máis próximo era o 'Helimer 209' con base na Coruña.
Por parte do Centro de Coordinación de Fisterra indicóuselle ao buque que puxese rumbo sur para achegar o máis posible o punto de encontro co helicóptero de salvamento.
Finalmente, o encontro produciuse a 140 millas ao norte da Coruña, onde o helicóptero puido izar á pasaxeira, de 84 anos de idade, que "sufría dificultade respiratoria e sangrado intestinal", segundo informou Salvamento, e a un acompañante. Foron trasladados ata o aeroporto de Alvedro, onde llegarón ás 15,30 horas e onde os recolleu unha ambulancia.
O buque de pasaxe 'Boudicca', con bandeira de Bahamas e 205 metros de eslora, realiza a travesía entre Vigo e Liverpool e a bordo viaxan 692 pasaxeiros e 366 tripulantes.
Escribe tu comentario