# Claves de la semana

​Ana Pontón: Rajoy ten que "agradecer" a PSOE e Podemos "esta segunda oportunidade"

A candidata do BNG ironiza sobre a investidura e afeoa a actitude de PSOE e Podemos na pasada lexislatura cando “derrotaran” ao PP e decidiron “levar adiante a súa particular guerra de tronos”

Anaponton 3


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta e portavoz nacional da formación frontista, Ana Pontón, ironizou con que o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, debería "agradecer" durante o debate de investidura a PSOE e Podemos "a segunda oportunidade que lle deron".


En declaracións aos medios este martes en Carballo (A Coruña), Pontón sinalou que o debate de investidura que se iniciará na tarde deste martes "abre a posibilidade de que podamos ter a Mariano Rajoy durante catro anos máis, levando a cabo políticas antigallegas e antisociais".


"Supoño que Rajoy vai agradecerlle, non a Rivera, senón a 'Pablo' Sánchez e 'Pedro' Iglesias a segunda oportunidade que lle deron", chanceou Pontón confundindo intencionadamente os nomes dos líderes de Podemos e PSOE.


A líder frontista afeou a actitude de PSOE e Podemos na pasada lexislatura, cando "derrotaran ao PP e preferiron levar adiante a súa particular guerra de tronos" en lugar de "dar unha alternativa ás políticas da dereita".


"O que non imos facer na política galega é priorizar os nosos intereses particulares sobre os intereses xerais", apuntou, para logo incidir en "do que dependa do BNG, nunca vai gobernar a dereita".


Así as cousas, Pontón emprazou a "as persoas que están cansadas de ver o triste espectáculo que están a dar as forzas políticas estatais" a "facer algo diferente" nas eleccións galegas do próximo 25 de setembro e aposten "polo BNG".


relacionada Todos los detalles de cómo será el debate de investidura
relacionada ​La "posición monolítica" del PSOE se debilita "desde el día siguiente" del 'no' a Rajoy
relacionada Rajoy se enfrenta a una investidura fallida
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE