#Claves de la semana

​Promover o coche eléctrico en Galicia, entre as propostas de CxG para o 25S

O candidato de Compromiso por Galicia á Xunta, Xoan Bascuas, instou aos "galeguistas" de "todas as cores" e aos "socialistas" de "bo corazón" a participar no proxecto deste partido no que, na súa opinión, "todos se poden recoñecer".


|

Compromisoporgalicia


O candidato á Presidencia da Xunta de Compromiso por Galicia (CxG), Xoán Bascuas, apostou por "abaratar" o custo da enerxía eléctrica industrial na comunidade e defendeu un autogoberno fiscal xa que, na súa opinión, é necesario para garantir un "autogoberno político".


Así o sinalou este sábado en Santiago nunha rolda de prensa, na que presentou a candidatura da súa formación política na que el mesmo será o 'número 1' pola provincia da Coruña.


Na súa intervención, Bascuas reclamou que os recursos de Galicia se xestionen en Galicia, e non en Madrid: “As grandes productoras de enerxía están pagando impostos en Madrid e Madrid está sacando rédito dos recursos naturais de Galicia, que de dereito lle corresponden aos galegos”.


Incidíu na necesidade que temos os galegos de reclamar os nosos recursos. “A enerxía producida por Galicia, que sería de baixo custo para o consumidor en Galicia, podería abastecer as futuras electrolineiras que CxG quere repartir por toda a economía galega para fomentar o paso ao coche híbrido ou eléctrico, que non só non contamina, senón que sería de baixo custo para os galegos.


PROPOSTAS ELECTORAIS


Neste contexto, Bascuas instou aos "galeguistas" de "todas as cores" e aos "socialistas" de "bo corazón" a participar no proxecto deste partido no que, na súa opinión, "todos se poden recoñecer".


Afirmou que Galicia é un edificio que precisa de "unha obra nova" que se debe "comezar a construír xa" e non só dun cambio do xefe de obra.


Ante esta situación, presentou á súa formación política como a que "coñece as carencias" e as "múltiples potencialidades" da comunidade. Como exemplo, criticou que Galicia sexa a comunidade autónoma que recibe o "maior impacto económico e paisaxístico" derivado a produción enerxética, mentres que non goza dun abaratamento do prezo.


Así mesmo, sinalou que a Comunidade galega "necesita" un goberno que "dea a cara" polos traballadores do cerco en cuestións como a repartición das cotas, por exemplo a da anchoa, e apostou por un autogoberno fiscal.





relacionada ​Compromiso por Galicia aproba as súas listas para o 25S
relacionada Compromiso por Galicia achégase á Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE