#Claves de la semana

Compromiso por Galicia achégase á Marea

Varios dirixentes e militantes abogan pola confluencia, a mellor forma de que CxG manteña e consolide o seu proxecto estratéxico" sen por iso renunciar á súa "autonomía, identidade e capacidade de actuación".

 

|



Dirixentes e militantes de Compromiso por Galicia, entre os que se atopa o exsenador Xosé Manuel Pérez Bouza, acaban de impulsar un manifesto a favor de unirse á confluencia En Marea, integrada na actualidade por Esquerda Unida, Podemos Galicia e Anova.


Consideran a confluencia como a mellor opción para que o partido, bastante mal parado nas últimas eleccións, "manteña e consolide o seu proxecto estratéxico" sen por iso renunciar á súa "autonomía, identidade e capacidade de actuación". 


No manifesto deixan claro que os resultados das pasadas eleccións xerais deixan "ben claro" a existencia dunha "vontade de cambio por parte da sociedade galega e considerar que integrarse na Marea sería a mellor forma de participar dese cambio. 


"A cidadanía galega estanos indicando, agora de forma máis nítida que nas pasadas eleccións municipais, que o cambio político no noso país terá unha expresión plural e terá como protagonista clave a En Marea", remarcan os firmantes do manifesto. 


Nese contexto, Compromiso por Galicia "debe apostar decididamente por sumar nese novo espacio político que constituye En Marea con vontade colaborativa, con intención de ampliar a base política e social e reforzar o enraizamiento do país tanto do propio partido como do novo espacio", defenderon. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE