Menos do 20% dos inscritos de Podemos Galicia votaron nas primarias
Hoxe coñecerase o novo líder do partido: Breogán Riobóo, Ángela Rodríguez ou Carmen Santos
O novo líder de Podemos Galicia xa está elexido, tan só falta contabilizar os 3.225 votos que emitiron os inscritos da formación por vía telemática, representando unha participación do 15,77% do censo total.
Estes votos serán os encargados de decidir se Breogán Riobóo consegue manter o seu posto como secretaxio xeral da formación a pesar do golpe de efecto que deu Pablo Iglesias desde Madrid disolvendo a directiva. As outras opción son a deputada de En Marea Ángela Rodríguez e a traballadora do CSIC Carmen Santos.
En todo caso, a votación está finalizada. Os resultados definitivos serán proclamados e difundidos pola dirección estatal este martes.
Escribe tu comentario