#Claves de la semana

O entendemento entre avós e netos, obxectivo do programa 'Avós Educadores'

A Cruz Vermella desenvolve este programa nas sete grandes cidades galegas co apoio da Xunta de Galicia. 


|

Abuelonieto


Recoñecer o labor dos avós na educación e coidado dos netos, propoñerlles estilos de vida saudables que fomenten a cultura do autocuidado e facilitarlles ferramentas educativas e pedagóxicas que lles axuden a desenvolver esta tarefa son os principais obxectivos do programa Avós e Avoas Educadores, que a Cruz Vermella puxo en marcha nas sete cidades galegas.


O programa Avós e Avoas Educadores diríxese a maiores de 60 anos que teñen ao seu cargo a educación dos seus netos, ben durante toda a xornada ou durante unha parte significativa da mesma. E xorde para ofrecer un servizo de soporte psicosocial a persoas maiores que exercen funcións parentales de educación e crianza a menores de idade. Trata de fomentar o benestar dos menores apoiando aos avós e avoas na súa función educativa. O programa que se desenvolve nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, estrutúrase en tres fases.


Unha primeira fase constitúena as Escolas de avós e avoas educadores, nas que a través dunha metodoloxía participativa, desenvólvense habilidades específicas centradas no manexo efectivo das situacións cotiás que se producen na educación de menores -sobre todo cando estes chegan á adolescencia- orientándoos e apoiándoos no proceso educativo, aproveitando a súa experiencia previa como pais e nais. O programa basee de cada Escola organízase en doce sesións, de frecuencia semanal e 90 minutos de duración cada unha. Tras unha sesión inicial de presentación e reflexión sobre o actual papel dos avós na educación dos netos, pasan a abordarse técnicas de autocuidado e vida saudable, porque para poder coidar, os maiores teñen tamén que aprender a coidarse, analizando os seus hábitos de vida, coidando os seus tempos de lecer, etc.


O programa reflexiona sobre os distintos tipos de modelos educativos (permisivo, autoritario, democrático), propón técnicas para a resolución de conflitos e traballa as habilidades de comunicación que melloren o entendemento entre avós e netos, con especial atención ás derivadas das diferenzas xeracionais, a adolescencia ou cuestións complexas como o acoso escolar ou as derivadas do uso crecente que os menores fan das novas tecnoloxías


A segunda fase do programa potencia a continuidade do contacto entre participantes coa constitución de Grupos de axuda mutua, que continúen reflexionando e traballando sobre estes temas de maneira autónoma, co apoio de persoal voluntario. Por último, unha terceira fase, que se desenvolve de maneira paralela ás anteriores, contempla a Atención individualizada, mediante a realización de entrevistas personalizadas para ofrecer un apoio adaptado ás necesidades de cada familia que o necesite.


Ao mesmo tempo que se desenvolven os grupos educativos con persoas maiores, ofrécese un Servizo de respiro, que se encargará do coidado dos menores mentres os seus avós asisten ás sesións.


Este programa comezou a desenvolverse no ano 2006 en Huelva, Asturias e na Coruña (nas localidades de Narón e Carballo) co apoio da Fundación Inocente. Logo mantívose grazas á subvención do actual Ministerio de Sanidade e Política Social, a través da asignación tributaria do 0,7% de IRPF. E agora ábrese unha nova etapa en Galicia co financiamento da Xunta de Galicia.


APLAUSO DA XUNTA


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, aplaudiu o programa 'Avó e Avoa educadores' de Cruz Vermella, polo que achega en termos de conciliación familiar e de intercambio xeracional. "Os nosos maiores son a voz da experiencia, e poden transmitirlla aos novos galegos", apuntou.


Así é que, nun acto celebrado este venres en Ferrol en compañía dos 13 maiores participantes, opinou que se trata de "unha magnífica iniciativa".


"Temos unha débeda cos nosos maiores e avós de Galicia e niso enmarcamos esta escola, que lles permite exercer este labor tan importante con maiores garantías", resaltou Rey Varela.


Pola súa banda, a presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, destacou que este programa permite "aos avós recibir ensinos dunha monitora daquelas cousas que eles despois poden mostrar aos nenos", por exemplo, no ámbito das novas tecnoloxías.


Ademais, agradeceu á Xunta o apoio para instaurar este programa nas sete cidades de Galicia, xa que comezou en dúas delas e agora xa ten "case 400 participantes".

relacionada ​Cruz Roja ayudó el año pasado en Galicia a más de 14.000 personas abatidas por la crisis
relacionada "O que máis demandan os nenos é pasar tempo cos seus pais"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE