Villanueva nega que haxa "un dispositivo especial" para examinar a ponte de Taragoña
Despois de que algunhas informacións apuntasen a esta posibilidade, no marco das investigacións que se seguen polo caso Diana Quer, o delegado do Goberno negou este extremo.
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, negou que, por parte da Garda Civil, se puxera en marcha ningún dispositivo especial para inspeccionar baixo a ponte da autovía en Taragoña, en relación coa desaparición de Diana Quer.
Despois de que algunhas informacións apuntasen a esta posibilidade, no marco das investigacións que se seguen polo caso da desaparición de Diana Quer, o delegado do Goberno negou este extremo.
Sobre o caso, dixo que non hai "novidade" e que prosegue a investigación. Mentres, sinalou que as inspeccións forman parte "dos servizos ordinarios" da Garda Civil nesa zona, pero que non responde a un "dispositivo especial".
En canto á análise do teléfono da moza desaparecida en agosto na Pobra do Caramiñal (A Coruña), tras a súa localización, dixo que "en función dos datos que se obteñan", e unha vez que sexan analizados, incorporaranse á investigación "se son útiles", engadiu.
Escribe tu comentario