Diana Quer discutiu cun dos sospeitosos antes de desaparecer, segundo testemuñas
O home conducía o segundo vehículo no que se subiu Diana a noite da súa desaparición.
Cumpridos 80 días da desaparición da desaparición de Diana Quer, os investigadores manexan agora a hipótese do rapto como a liña prioritaria. A noite en que se lle perdeu o rastro a Diana, segundo varias testemuñas, a moza foi vista no Porto de Taragoña, lugar ao que chegou nun vehículo, acompañada de tres homes. Alí levaba esperando arredor de dúas horas, segundo os declarantes, un home de aspecto "sospeitoso". Segundo informa La Voz de Galicia, a persoa en cuestión estaba xunto a un vehículo de características especiais (un monovolume ou unha furgoneta tipo westfalia) do cal entraba e saía para fumar. Segundo o mesmo xornal, unha vez chegou Diana cos seus acompañantes no outro vehículo, o home saíu a recibilos, momento no que Diana fixo o 'trasbordo', polo cal se subiu neste outro vehículo de características especiais e os mozos que a acompañaban marcharon deixándoa alí con este individuo "de mala pinta", en palabras dos testemuños.
Segundo as informacións que desvela La Voz de Galicia, unha vez que Diana quedou a soas co home, que aparentaba bastante máis maior ca ela, produciuse entre eles unha discusión que segundo as testemuñas "non foi violenta" e non chegou ás mans. Malia todo, o que está confirmado é que a moza foi vista discutindo co que é o sospeitoso da súa desaparición sobre as catro da mañá, momento no que os declarantes marcharon do porto.
Ademais, segundo o mesmo xornal, xa foron identificadas fotos do automóbil que estaba no porto de Taragoña aquela madrugada e que foi identificado como o medio de transporte de Diana. A Garda Civil puxo a disposición dos declarantes unha serie de fotografías e tras a rolda de recoñecemento leváronse a cabo as ditas identificacións.
Por outra banda, e segundo as informacións publicadas polo xornal ABC, o condutor deste segundo vehículo xa foi identificado e contaría con antecedentes.
Escribe tu comentario