#Claves de la semana

O goberno galego maniféstase a prol da cooperación galego-portuguesa

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, descarta a necesidade dunha Consellaría da Lingua, e aboga por separar a Consellaría de Educación da de Cultura. 


|

Institutocamoeslusofoniagalegoculturalingua


A Xunta de Galicia avanza na posta en marcha de accións de promoción da lingua propia de Galicia no ámbito lusófono e de aproveitamento dos vínculos co portugués.


Así llo trasladou hoxe á tarde en Vigo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, á agregada de asuntos de Educación da Embaixada de Portugal en España, Filipa de Paula Soares e mais ao vicecónsul de Portugal en Vigo, Manuel Correia da Silva, na reunión que mantiveron para abordar as liñas de traballo impulsadas para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía.


COOPERACIÓN GALEGO-PORTUGUESA


No marco desta xuntanza, o titular de Política Lingüística quixo destacar a recente incoporación de Galicia á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), órgano de máximo nivel no ámbito lusófono, por medio do Consello da Cultura Galega; a nova versión traducida ao portugués do Diario Oficial de Galicia, que se suma ás versións existentes nas linguas oficiais, galego e castelán.


A nova incorporación do Consello da Cultura Galega, órgano estatutario galego, á CPLP supón un fito tanto para Galicia como para a comunidade lusófona e culmina iniciativas importantes postas en marcha polos dous gobernos desde a aprobación da mencionada lei Paz-Andrade.


Entre elas, cómpre destacar a sinatura –en febreiro de 2015 na sede da Real Academia Galega- do memorando de entendemento ao abeiro do que a administración educativa galega, en colaboración co Instituto Camoêns, incorporou o portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no ensino non universitario; e tamén senllos memorandos de entendemento en materia de deporte (asinado en marzo de 2015), cultura (asinado en abril de 2015), relacións económicas (pesca, medio ambiente e turismo, asinado en xaneiro de 2016); así como a candidatura acadada no marco do Programa


DEVOLVERLLE Á CULTURA O PESO PERDIDO


Hoxe mesmo o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, apostaba por unha separación das competencias da Consellería que ocupa actualmente en funcións Román Rodríguez para que a responsable da área de Cultura teña "un perfil propio" no Consello de Goberno autonómico.


"Estar no Consello de Goberno cun perfil propio, mesmo desde a visibilización dos problemas e a capacidade de manobra", sinalou nunha entrevista en Vos Almorzos da Radio Galega.


Por iso, avogou por devolverlle á Cultura o peso perdido no organigrama da Administración autonómica tras a fusión con Educación durante o mandato de Alberto Núñéz Feijóo, sobre todo ante a perda de peso institucional desta área nos últimos anos tanto na Xunta como no Goberno do Estado.



O presidente do CCG ha sinalando, sobre este último, que o propio ministro Méndez de Vigo "non ten nada que ver coa cultura" e que un dos seus colaboradores, José María Lasalle, "segue pagando a peaxe" da posición de José Ignacio Wert, nunha época con grandes reducións orzamentarias entre outras medidas polémicas no sector, ademais da coñecida Lomce (mostrándose partidario de revisala).


LINGUA GALEGA


Villares comentou que "hai unha especie de rexeitamento á cultura vasca, catalá e galega" que leva a unha limitación deste sector no Estado, "que non fará nada importante mentres non acepte a súa diversidade".


A pesar diso, considerou "disparatada" a posibilidade dunha hipotética Consellería da Lingua preguntándose que país necesita un departamento "que explique ou promova algo que debe ser patrimonio propio de todos os cidadáns".


Neste sentido, asegurou que a situación do escaso uso do idioma é "preocupante pero non irreversible", e sinalou entre as contas pendentes de Galicia unha maior conexión co mundo lusófono. "O portugués é a lingua máis falada do hemisferio sur, e é unha lingua que ten moita relación cunha das riquezas do mundo actual, como é a enerxía, o petróleo e o gas".

relacionada O Consello da Cultura Galega ingresa na Comunidade de Países en Lingua Portuguesa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE