#Claves de la semana

​Sánchez apela a "prejubilar" a Feijóo, a quen "só lle interesa o posto de Rajoy"

Promete que acudirá a Lugo durante as festas de San Froilán e espera que sexa con Leiceaga de presidente da Xunta.


|

Sanchezleiceaga25S


O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, apelou este martes a "prejubilar" ao candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, enchendo as urnas de votos a Xoaquín Fernández Leiceaga o próximo día 25, para así mandalo "á oposición".


E é que, como explicou ante máis dun centenar de persoas en Lugo, mentres ao presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, "só lle interesa o seu posto", a Feijóo ocórrelle o mesmo: "Só lle interesa a butaca de Rajoy", sentenciou, antes de contrastar que o proxecto do candidato socialista á Xunta está centrado en "Galicia" e o do popular, "en Madrid".


"Galicia necesita un presidente que defenda os intereses dos galegos, non que antepoña os seus dereitos aos intereses de Mariano Rajoy", proseguiu o socialista, crítico con "os recortes, as mentiras e a corrupción" que, ao seu xuízo, definen ao PP en toda España. "E o PP aquí non é unha illa", advertiu, na súa segunda visita á comunidade nesta campaña.


Fronte a iso, reivindicou que o PSOE é un partido "socialdemócrata" e diferenciouno do "sumatorio de siglas" que buscan "esconder a presenza de Podemos e de Pablo Iglesias". Así pois, proclamou que "o cambio é unha nave rumbo ao progreso e a xustiza social" cuxo "temón" é a formación socialista.


De feito, respondeu ás persoas que "pensan que dá igual" que goberne o PP ou o PSOE. "Non é certo. Onde gobernamos, abrimos cousas que o PP pecha", explicou, en alusión a comedores escolares e sociais, escolas infantís e centros de día, entre outros.


IRÁ A SAN FROILÁN


Tanto é así, profundou en presenza da alcaldesa, que Lugo é "o primeiro concello de Galicia en investimento en servizos sociais". "Claro que non é o mesmo!", exclamou, antes de comprometerse a acudir ás festas de San Froilán ás que, anos atrás, xa acudira convidado polo exsecretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro, que deixou o seu cargo tras sumar dez imputacións en dúas causas xudiciais que investiga Pilar de Lara.


A respecto das festas patronais lucenses, Pedro Sánchez expresou o seu desexo de que durante a súa celebración Xoaquín Fernández Leiceaga estea sentado xa na Presidencia da Xunta.


DEBATE


Por último, o xefe de filas do PSOE aludiu ao debate emitido pola TVG entre os cinco principais aspirantes á Presidencia da Xunta para evidenciar que fronte a "a política de brazos cruzados" que segue Feijóo, do mesmo xeito que "o seu mestre Rajoy", Leiceaga encarna "o cambio posible".


"Só Xoaquín poderá sacar a Galicia da parálise e ofrecer novas respostas aos desafíos de Galicia", proclamou, antes de facer fincapé en que o actual presidente "non soubo que dicir" ante os casos de corrupción que salpican ao seu partido, como --citou-- o de Baltar.


Por tanto, pediu o voto para o PSOE, ao obxecto de "poñer fin ás políticas de Rajoy". "De Rajoy e de Feijóo", dixo para corrixir o seu lapsus, entre risas.



relacionada PSdeG, En Marea e BNG ábrense a unha coalición de esquerdas e C's apoia a Feijóo
relacionada ​Leiceaga anuncia un plan de revitalización demográfica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE