PSdeG, En Marea e BNG ábrense a unha coalición de esquerdas e C's apoia a Feijóo
Por alusións de Feijóo, os moderadores Kiko Novoa e Marta Darriba introduciron o tema das coalicións postelectorais.
O debate sobre posibles pactos electorais coouse no debate no marco do bloque temático de rexeneración democrática, aínda que non estaba previsto abordalo de forma específica, segundo explicaron os moderadores.
"Hai dous camiños, o PP ou o PSOE, nós tenderemos a man para construír unha maioría alternativa liderada polo PSOE", manifestou o cabeza de lista do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.
"Pactaremos con todas as persoas e institucións que aposten pola redistribución da riqueza, a xustiza social, a democracia, non contra as persoas que fixen políticas de sufrimento ou teñan coalicións cun partido dinástico; non teremos coalicións con xente como Baltar ou como vostede" espetou ao popular Alberto Núñez Feijóo o cabeza de lista de En Marea, Luís Villares.
Pola súa banda, a nacionalista Ana Pontón asegurou que o Bloque "tenderá a man para un goberno de esquerdas" e Ciudadanos asegurou que no próximo Parlamento galego haberá dous bloques: os constitucionalistas e os nacionalistas e populistas". Así, asegurou que a opción é "un Feijóo facendo o que lle dá a gana ou un Feijóo condicionado e controlado" polo seu partido.
Feijóo, pola súa banda, comprometeu que tentará formar goberno se gaña as eleccións e aseverou que a súa coalición é "cos cidadáns". Ademais, reprochou que o PSOE non pacte con nacionalistas e Podemos en Madrid e en Galicia entregouse a eles.
Escribe tu comentario