#Claves de la semana

​Falece un mariscador afogado na ría de Ferrol

Unha testemuña afirma que o traballador quedou enganchado nunhas redes.


|

Riaferrol2 1


Un mariscador perdeu a vida este luns preto da costa de Mugardos cando traballaba nunha embarcación, segundo informa o 112. Segundo un particular, o home puido afogar ao quedar enganchado nunhas redes.


O 112 recibiu o aviso sobre as 15,20 horas e avisou a Salvamento Marítimo, o servizo de Gardacostas de Galicia e Urxencias Médicas. A Autoridade Portuaria de Ferrol, pola súa banda, mobilizou unha embarcación para colaborar nas tarefas de rescate.


O corpo da vítima foi trasladado por outra embarcación ata o peirao de Fernández Ladreda, en Ferrol. Ata ese punto desprazouse unha ambulancia medicalizada e unha patrulla da Policía Nacional. As forzas da orde investigan agora as circunstancias da morte do home.

relacionada O Sergas deberá pagar 60.000 euros tras deixar incapacitada a unha mariscadora
relacionada ​A Xunta estuda aumentar os permisos de extracción marisqueira na Ría de Ferrol
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE