A Xunta estuda aumentar os permisos de extracción marisqueira na Ría de Ferrol
Tamén se compromete a colaborar co concello contra o furtivismo
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, estudará a posibilidade de aumentar os permisos de extracción marisqueira da Ría de Ferrol, a condición de que as confrarías así o demanden e tras constatar que é viable a explotación de máis recursos marisqueiros.
Quintana chamou a atención sobre que 2015 foi o primeiro ano no que se incrementaron os permisos de extracción marisqueira desde que se profesionalizou a actividade, defendendo o sistema de reinstalación de moluscos procedentes de zonas C posto en marcha en 2012, que permitu segundo dixo recuperar niveis case similares aos de vendas de bivalvos en fresco en 2005.
Ademais, a conselleira acordou co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, un traballo conxunto contra o furtivismo, un tema no que ambos coinciden en que representa un risco para a saúde pública.
Escribe tu comentario