Democracia Ourensana denuncia á deputación por unha trama comparable á que se da "en Valencia co PP"
Falan de presuntos delitos de "suborno, financiamento ilegal do partido, prevariación, malversación de caudais, enriquecemento ilícito e alteración artificial das normas de competencia".
Democracia Ourensana presentou unha denuncia ante a Fiscalía na que pide que se investigue a Deputación Ourensana dirixida por José Manuel Baltar por delitos que abarcarían, entre outros, "suborno, financiamento ilegal do partido, prevariación, malversación de caudais, enriquecemento ilícito e alteración artificial das normas de competencia".
O partido dirixido por Gonzalo Jácome fala dun caso que ven comparable ao "3% de Ciu" ou á situación do PP de Valencia. "Estamos ante uns presuntos delitos clarísimo, non xa o financiamento ilegal do PP, senón tamén enriquecementos ilícitos e xente que se está levando diñeiro", manifestou.
Explicou que, nos nove meses que leva Democracia Ourensana na Deputación, detectou que "o 75 por cento das obras" do ente provincial as levan "cinco empresas", polo "fraccionamiento" dos contratos, o que permitiu que o goberno provincial os outorgase "a dedo".
Jácome apuntou que o "desfalco podería estar ao redor de 2 millóns" que, "multiplicados" por catro anos que dura a lexislatura, sería de 8 millóns de euros. "Queremos que se tire do fío", salientou, xa que, argumentou, os dous millóns de euros só serían desde 2015, cando Democracia Ourensana accedeu á Deputación.
Escribe tu comentario