# Claves de la semana

Máis de 20 anos de cárcere para as asasinas de Secundino Prego

A sentenza considera probado que ambas acabaron coa vida do octoxenario que coidaban, Secundino Prego, co obxetivo de cobrar a súa herdanza.


Albertina Táboas e Rocío Gondar deberán cumprir máis de 20 anos de prisión cada unha, tras considerar probado un xurado popular que ambas acabaron coa vida do octoxenario que coidaban, Secundino Prego, co obxetivo de cobrar a súa herdanza. 


En concreto, Albertina Táboas foi condenada a 22 anos de prisión e Rocío Gondar a 20 anos e medio. Ademais, ambas terán prohibido residir no Municipio de Poio e achegarse ao lugar de Chancelas durante 27 anos no caso da primeira e 25 no caso da segunda. 


A sentenza da Audiencia de Pontevedra deixa sen efecto a cláusula do testamento do falecido que lles permitiría cobrar a súa herdanza. Ademais, condena ás asesinas a pagar 80.000 euros a cada un dos fillos de Secundino Prego. 


A sentenza recolle como feitos probados que as acusadas se puxeron "de común acordo para acabar coa vida de Secundino Prego de 84 anos, atacarono no camiño de acceso á súa casa de Chancelas golpeándoo repetidas veces na cabeza con diversos obxetos". 


relacionada Declaradas culpables as dúas acusadas do crime de Chancelas
relacionada As acusadas de asasinar a un octoxenario presentan declaracións contradictorias
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE