# Claves de la semana

As acusadas de asasinar a un octoxenario presentan declaracións contradictorias

Rocío Gondar asegura que matou a Secundino Prego amedentrada pola súa compañeira, que afirma que non sabía nada



Este luns comezou o xuízo polo asasinato do octoxenario Secundino Prego na súa casa de Chancelas (Poio). As súas coidadoras Rocío Gondar e Albertina Táboas enfróntanse a penas de 20 anos de cárcere, pero polo de agora ofreceron versións contradictorias.


Por unha banda, Rocío Gondar confesou ser a autora material do asesinato, pero asegurou que o fixo ameazada pola outra acusada, ante a que sentía un "medo insuperable" que a impulsou a cometer o crime. Asegura que obedecía as súas ordes "coma un robot" e que se sinte "arrepentida".


A versión da súa compañeira, Albertina Táboas, é completamente diferente. Asegura que non tivo nada que ver coa morte do octoxenaria, que non participou na planificación e que estaba durmindo no momento no que se produciu.


Esta versión non só contrasta co da súa compañeira, senón tamén coa da fiscalía, que recorda que Albertina "convenceu a Secundino para que cambiase o seu testamento e a nomease herdeira universal dos seus bens", algo que conseguiu pouco antes do crime.



No seu escrito de acusación, o fiscal pide que se impoña a cada unha das acusadas a pena de 20 anos de cárcere por un delito de asasinato. Ademais, solicita que indemnicen aos fillos da vítima con 50.000 euros.


relacionada Arrinca o xuízo contra as acusadas de matar a un home para cobrar a súa herdanza
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE