Silleda debatirá sobre a biomasa
Acolle o III Foro da Biomasa de Galicia, que analizará a súa aplicación en ámbitos como o agroalimentario e o sector servizos.
O vindeiro venres Silleda converterase na capital da Biomasa en Galicia, celebrando o terceiro foro sobre esta fonte enerxética na nosa comunidade, que analizará a súa aplicación en ámbitos como o agroalimentario e o sector servizos.
Entre outros contidos, expoñerase a liña de acción da Estratexia Integral de Impulso da Biomasa da Xunta. Tamén se falará da etiquetaxe enerxética en caldeiras e estufas de biomasa ou da viabilidade técnica e económica desta fonte de enerxía no sector agroalimentaria.
Finalmente, haberá un un panel de usos sectoriais en Galicia, moderado por Gonzalo Piñeiro, técnico de Gain-CIS Madeira, e representantes de Avícola Portela, Balneario de Mondaríz, Geriatros, o Sergas e Panaderías da Cunha, que falarán sobre as súas experiencias.
Escribe tu comentario