# Claves de la semana

O 'Modern Express' chegará a Bilbao esta tarde

O buque español 'Centaurus' conseguiu remolcar sen complicacións o mercante, que atracará no porto de Bilbao 


O mercante 'Modern Express' sigue sendo remolcado polo buque español 'Centaurus'. En torno ás once e media deste martes xa se atopaba a 30 millas da costa de Bilbao, polo que se espera que chegue a porto esta mesma tarde. 


Segundo indicaron dende o Ministerio de Fomento, en función da hora á que chege e das condicións metereolóxicas decidirase cal é o momento máis axeitado para atracar a embarcación. 


As autoridades españolas aceptaron a demanda do armador de acoller ao navío no porto bilbaíno, despois de que o mercante quedase o pasado martes escorado ao norte de Cabo Ortegal, o que obrigou a rescatar a 22 tripulantes.


Na actualidade, está constituído un comité técnico asesor que está a facer seguimento de todo o que ocorre co navío e que está conformado por membros de Salvamento Marítimo, Mariña Mercante, prácticos e remolcadores.


RESCATADO NO ÚLTIMO INTENTO


O 'Modern Express'chegará a Bilbao despois de que triunfase o último intento de rescate, como recordaban onte as asutoridades francesas só restaba unha oportunidade, polo que "non había que deixala pasar".


A outra opción era que o  'Modern Express' acabara encallando na costa de Aquitania, un suposto que faría necesaria a activación de plans antipolución por mor de posibles brechas nos depósitos de carburante. 

relacionada Éxito no remolque do 'Modern Express'
relacionada La delicada situación del 'Modern Express'
relacionada Última oportunidade para salvar o 'Modern Express'
relacionada Rescatan aos 22 tripulantes dun barco a piques de afundirse fronte a Cabo Ortegal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE