Éxito no remolque do 'Modern Express'
O buque español 'Centaurus' conseguiu enganchalo a media mañá, fixo rotar a carga e agora agora xa se atopa alonxándoo da costa francesa.
O delicado último intento para remolcar o mercante 'Modern Express' foi tan ben como podería esperarse. O buque español 'Centaurus' conseguiu enganchalo a media mañá, fixo rotar a carga e alonxouno da costa francesa.
A última hora da tarde do luns contiuaba co remolque en dirección a Bilbao, xa sin existencia de risco de que o mercante encalle na costa.
A primeira hora da tarde as autoridades francesas estaba aínda preocupadas, porque aínda que algúns dos momentos máis complicados xa pasaran a situación aínda podía torcerse.
Pero agora xa se pode falar dun éxito no último intento de rescate. E menos mal, porque como avisaran as autoridades francesas só restaba unha oportunidade, polo que "non había que deixala pasar".
Queda descartada a posibilidade de que o 'Modern Express' acabe encallando na costa de Aquitania, un suposto que faría necesaria a activación de plans antipolución por mor de posibles brechas nos depósitos de carburante.
Escribe tu comentario