# Claves de la semana

Última oportunidade para salvar o 'Modern Express'


As autoridades francesas acometen durante este luns o último intento de remolcar o mercante 'Modern Express', que xa leva seis días á deriva en dirección á costa francesa. Se fallan, o mercante encallará no suroeste de Francia, nas costas de Aquitania.


As autoridades francesas acometen durante este luns o último intento de remolcar o mercante 'Modern Express', que xa leva seis días á deriva en dirección á costa francesa. Se fallan, o mercante encallará no suroeste de Francia, nas costas de Aquitania.


Catro especialistas de Smit Salvage conseguiron abordar o escorado navío a primeira hora da mañá. Máis tarde, o buque español 'Centaurus' conseguiu enganchar ao mercante cando este se atopaba a 44 quilómetros da bahía de Arcachon. Sólo falta recuperar aos membros de Smit Salvage para inicar a operación de remolque. 
Espérase un momento crítico no momento en que o remolcador comece a tirar do mercante. O 'Modern Express' podería incluso chegar a romperse debido aos"importantes" esforzos de tracción. 

En todo caso, xa se preparan posibles continxencias por se falla este último intento de remolque e o navío remata encallando na costa francesa. 


Nese caso activaríanse plans antipolución, xa que poderían abrirse brechas nos depósitos de carburante. Pero as autoridades francesas quixeron deixar claro que non se teme unha marea negra, que este caso non ten "nada que ver co Prestige". Recordan que o petroleiro transportaba 77.000 toneladas de combustible, mentres que o Modern Express tan só leva 300. 


O resto da carga do mercante son 3.600 toneladas de madeira e unha decena de máquinas de obra pública. 

relacionada Francia evalúa a situación do buque escorado e á deriva cara o golfo de Biscaia
relacionada Rescatan aos 22 tripulantes dun barco a piques de afundirse fronte a Cabo Ortegal
relacionada La delicada situación del 'Modern Express'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE