A Xunta pide o apoio da oposición na negociación do financiamento autonómico
Promete ser "responsable pero firme" á vez que incide na súa aposta por centrarse nas necesidades dos cidadáns e non en principios identitarios.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, reiterou, na véspera da Conferencia de Presidentes, que o Goberno galego, con Alberto Núñez Feijóo á fronte, defenderá os intereses da comunidade, sendo "responsable pero firme", na negociación do sistema do financiamento, á vez que incidiu no seu desexo de contar coa oposición para "ter unha postura de país".
Na intervención inicial do pleno de orzamentos, reiterou a postura e prioridades que, ata o momento, xa explicitara o Executivo autonómico e que parten da súa aposta por "centrarse nas necesidades dos cidadáns e non en principios identitarios".
"Falemos de persoas, non de territorios", sentenciou, antes de incidir na necesidade de "obxetivar os custos" que supón a prestación de servizos nas distintas comunidades. Como exemplo, sinalou á sanidade (que absorbe o 40 por cento dos recursos en Galicia) e subliñou que debe haber unha peza específica no financiamento para esta área.
Escribe tu comentario