#Claves de la semana

Era Cristobal Colón galego?

O libro 'Galegos Universais' aprofundiza noutros catro personaxes da historia universal e a súa vinculación con Galicia: Prisciliano, Xelmírez, Simón Bolivar ou Fidel Castro


|

Cristobalcolongallegosuniversales


Hércules Edicións presenta este xoves, día 12, en Santiago de Compostela, a obra 'Galegos Universais', unha publicación que pretende "dirixir a luz a episodios e personaxes da historia universal" e "demostrar a súa vinculación con Galicia".


O libro, coordinado por Alfonso Alvite, trata de responder a preguntas coma se Cristobal Colón era ou non galego, quen foi Prisciliano, por que Santiago se converteu nun centro de peregrinacións e como o conseguiu o arcebispo Xelmírez, que relación tiña o liberador Simón Bolivar con Galicia ou o "sentimento galego" do expresidente cubano Fidel Castro.


"Non son só cinco biografías, senón cinco relatos da importancia que os galegos tiveron no mundo nos últimos 2000 anos", asegurou o editor, Francisco Rodríguez Igrexas.


En palabras do coordinador da obra, sen a existencia dos cinco personaxes escollidos "non se entendería o mundo de hoxe". "Son personaxes universais, pero tamén galegos", engadiu Alvite.


En concreto, o investigador Victorino Pérez céntrase na figura de Prisciliano; Manuel A. Castiñeiras na de Xelmírez; Eduardo Esteban e Aquilino Farinas argumentan que Galicia foi a terra natal de Cristobal Colón; Xurxo Martínez fala sobre a "galeguidade" de Simón Bolivar e Alfonso Eiré profunda na relación de Fidel Castro coa terra do seu pai, nacido na localidade lucense de Láncara.


A obra acaba de ser publicada en galego tras a súa edición inicial en castelán e presentarase este xoves na Librería Pedreira de Santiago.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE