#Claves de la semana

Organizacións políticas, sociais e ecoloxistas chaman á mobilización contra os tratados de libre comercio

Este sábado haberá manifestacións nas principais cidades de Galicia.


|

NonaoTTIP


A Plataforma 'Non ao TTIP' de Galicia, integrada por máis de medio centenar de colectivos, entre eles partidos, sindicatos e organizacións sociais, convocou para este sábado, ás 19,00 horas, unha manifestación para expresar o seu rexeitamento aos tratados de libre comercio que, advirten, "teñen impacto directo" na vida dos cidadáns.


Por iso, fixeron un chamamento á participación dos vigueses e veciños da comarca para que participen na marcha, que sairá do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz, en Vigo. Así mesmo, haberá concentracións e outros actos reivindicativos organizados por diferentes colectivos nas principais cidades de Galicia.


Os portavoces da plataforma, lembraron que tanto o TTIP, como outros tratados (o CETA, que se negocia entre a UE e Canadá; ou o TISA, de libre comercio en servizos), son acordos que, a pesar de que repercutirán de forma directa na sociedade, están a negociarse "con total escurantismo" e "sen explicacións dos gobernantes".


A ese respecto, denunciaron que os tratados responden aos intereses das grandes corporacións, e terán consecuencias non só económicas, senón tamén laborais e mesmo ambientais. Por iso, advertiron de que "non son cuestións que queden lonxe aos cidadáns", xa que terán "impacto directo" nas súas vidas.



20 CIDADES EN ESPAÑA


A Plataforma Salvemos Cabana, integrante da campaña Non ao TTIP, lembra que hoxe están convocados diversos actos en máis de 20 cidades co obxectivo de que o actual Goberno en funcións non dea luz verde á aprobación do Acordo Integral de Economía e Comercio (CETA, polas súas siglas en inglés) entre a Unión Europea e Canadá.


A mesma organizacion advirte que "tanto o CETA como o Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento entre A Unión Europea e Estados Unidos (TTIP) e o Acordo en Comercio de Servizos (TISA), buscan establecer un gran mercado transnacional que de facto supoñería un ataque á independencia soberana dos Estados e a consagración do dominio das grandes corporacións en prexuízo da cidadanía". 


Salvemos Cabana subliña nun comunicado que no caso do CETA, o tratado podería ser aprobado de maneira provisional o próximo día 18 de outubro "sen realizarse ningún tipo de debate público no Congreso dos Deputados", cunha "absoluta carencia de lexitimidade por parte dun Goberno que aínda continúa en funcións".


Por outra banda, a aprobación dos tratados de libre comercio como CETA, TISA e TTIP implicaría segundo o colectivo "unha notable perda de dereitos laborais e a progresiva privatización dos servizos públicos, que pasarían a ser unha mera oportunidade de negocio baseándose nas leis ditadas polos mercados".


AMEAZA AO CAMBIO CLIMÁTICO


Salvemos Cabana advirte ademais doutra consecuencia destes tratados, que segundo a organización "relaxarían" o control sobre as normativas de protección ambiental, sanitaria e de consumo, "permitindo a importación de produtos que na actualidade non cumpren cos estándares europeos de calidade e protección ao consumidor e convertendo en papel mollado os acordos internacionais de loita contra o cambio climático". 

relacionada Blanca Ruibal, Amigos de la Tierra: "Co TTIP os grelos de Galicia poderanse producir en California"
relacionada ​Denuncian que o TTIP "sementará perdas" na agricultura galega
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE