O Cuponazo da ONCE deixa 550.000 euros en Santiago de Compostela
Ricardo, que ocupa un quiosco na Praza de Galicia, sabe que a maioría dos premios leváronos clientes habituais, aínda que algún cre que tocou a algún turista e clientes ocasionais.
//ecosinvoz
O sorteo do Cuponazo da ONCE do venres 7 de outubro deixou 550.000 euros en Santiago de Compostela, ao resultar premiados 22 cupóns con premio ás cinco cifras, 25.000 euros cada un. O axente vendedor da ONCE Ricardo Silva Maio é quen levou a sorte aos composteláns.
Todos os cupóns premiados vendeunos no quiosco que ocupa na Praza de Galicia (esquina a Hórreo, número 1), excepto catro deles que os deixou no bar Cristela. Ricardo sabe que a maioría dos premios leváronos clientes habituais, aínda que algún cre que tocou a algún turista e clientes ocasionais.
Ricardo Silva, un compostelán de 58 anos, vende produtos de xogo da ONCE na Praza de Galicia desde hai 9 anos, aínda que a súa relación coa ONCE iniciouse 1987, cando perdeu a visión despois de loitar desde os tres anos cunha enfermidade dexenerativa.
O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie.
Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes. Grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste.
Escribe tu comentario