#Claves de la semana

​Rexistradas catro vivendas de Nené Barral por supostos delitos de branqueo e contrabando

Os rexistros efectuáronse na residencia habitual de exalcalde, sita en Sinas, nun pazo de Portas, en Ribadumia, e nun despacho de avogados da Coruña e outra vivenda fóra de Galicia. 


|

Chaletvilagarciadearousa


A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, ordenou rexistros nun total de catro vivendas, unha fóra de Galicia, e nun despacho de avogados da Coruña nun caso no que se investigan delitos de branqueo de capitais e contrabando e que está relacionado co exalcalde de Ribadumia José Ramón 'Nené' Barral.


Segundo fontes coñecedoras da investigación, efectuáronse rexistros en vivendas relacionadas con Barral na comarca de Arousa, situadas nas localidades de Vilanova de Arousa --un chalé en Sinas, onde ten a súa vivenda habitual--; en Portas --un pazo onde se fixeron plantacións de uva e kiwi-- e na propia Ribadumia --herdanza materna--.


A estas tres localizacións hai que sumar os rexistros do despacho de avogados da Coruña, un bufete que ten oficinas noutras localidades, e noutra vivenda fóra de Galicia.


Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o operativo se desenvolveu a petición do xulgado de Instrución número 1 de Lugo en relación a supostos delitos de branqueo de capitais e contrabando e que non se produciu ningunha detención nesta xornada de xoves.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE