Galicia é a principal produtora de kiwi de España
Prodúcense un total de 16.265 toneladas en 673 hectáreas cultivadas.
Galicia é a principal produtora de kiwi de España cun total 16.265 toneladas en 673 hectáreas cultivada, segundo informou este martes a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na clausura da 35 edición da Conferencia Internacional IKO celebrada na Toxa (Pontevedra).
Esta conferencia, organizada pola empresa galega Kiwi Atlántico é un dos certames máis importante a nivel mundial no sector. Nesta edición participaron unhas 60 persoas procedentes de países como Grecia, Italia, Nova Zelandia, Chile, Corea, Estados Unidos ou Francia.
Nesta cita a conselleira informou de que a Xunta puxo este ano a disposición do sector agroalimentario en xeral algo máis de 33 millóns para as axudas en materia de industrialización e comercialización.
Escribe tu comentario