Sindicatos anuncian mobilizacións con motivo do Día Mundial do Turismo
CCOO e UGT afirman que a xornada de mobilización servirá para denunciar a "explotación laboral" dos traballadores do sector turismo.
Os sindicatos denuncian a precariedade laboral do sector e os incumprimentos do pactado nos convenios, provocando perda de poder adquisitivo de colectivos que xa tiñan baixos salarios.
Os sindicatos CCOO e UGT anuncian mobilizacións en todo o Estado con motivo do Día Mundial do Turismo, que se conmemora este martes, día 27 e setembro.
Esta xornada de mobilización estatal servirá para denunciar a "explotación laboral" dos traballadores e traballadoras do sector: baixos salarios, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización para non aplicar os convenios colectivos sectoriais e rebaixar os salarios, inclusive os de colectivos que xa tiñan baixos soldos, indican os sindicatos.
A CARA 'B' DO TURISMO
Segundo os datos de CCOO, os primeiros oito primeiros meses do ano amosan "unha recuperación da actividade turística". Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015, indican desde as organizacións. Con todo, esta aparente bonanza "non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados", que "só medrou un 2,52%", e "aínda por riba" máis do 90 % das contratacións son "eventuais".
Escribe tu comentario