Dous galegos, na final dos xogos paralímpicos de baloncesto
O vigués Agustín Alejos e o ferrolán David Mouriz disputan esta noite unha final histórica ante EEUU.
A selección española masculina de baloncesto en cadeira de rodas xogará este sábado a final dos Xogos Paralímpicos de Río 2016 despois de derrotar en semifinais a Gran Bretaña por 69-63, co que loitará pola súa primeira medalla de ouro paralímpica da historia, xa que o mellor resultado ata agora era o cuarto posto de Atlanta 96.
Dous galegos, Agustín Alejos e David Mouriz disputarán esta noite ese partido “histórico”. Os xogadores son conscientes de que EEUU é a gran favorita, pero aínda así, porán "toda a carne no asador" para levarse o ouro. “O que é seguro é que non imos regalar nada e imos loitar ata o último segundo”, promete Alejos.
@AgustinAlejos15 y @DavidMouriz jugarán la final de #BaloncestoEnSR en #Rio2016. D10 para el @CDAmfiv y Pablito Beiro sonreirá en el cielo.
— Jacobo Buceta (@jacobobuceta) 15 de septiembre de 2016
A final disputarase este sábado ás 22.30 horas (horario peninsular) contra o vencedor da semifinal entre Turquía e Estados Unidos.
Escribe tu comentario