Os buzos únense ao dispositivo de búsqueda do desaparecido n’A Garda
De momento atoparon unha zapatilla de pesca e unha toalla que poden pertencer ao desaparecido.
Ademais dun helicóptero, unha embarcación marítima, efectivos do GES e de Protección Civil, agora tamén colaboran buzos da Garda Civil na búsqueda do home de 62 anos desaparecido n’A Guarda. Durante esta mañá os efectivos atoparon unha das zapatillas e unha toalla que podería pertencer ao home.
Foi un amigo do desaparecido quen deu a voz de alarma a última hora do domingo. O operativo de búsqueda activouse inmediatamente e continuou esta mañá aproveitando que a marea estaba baixa.
Hoxe produciuse tamén a primeira inmersión dos mergulladores que son imprescindibles nas labores de búsqueda dado que esta zona é moi complicada polo escarpado das rochas e as cavidades submarinas.
O desaparecido fora cun amigo coller percebes e supostamente, puido caer ao mar desde unha zona rochosa.
Escribe tu comentario