#Claves de la semana

Xunta e Concello asinan a ampliación de Montecelo, que comezará en 2018

Investiranse 130 millóns na construción dun edificio anexo e o centro pasará a chamarse Gran Montecelo. Contará, en total, cunhas 700 camas.


|

Loresfeijooalmuia


Xunta e Concello de Pontevedra confían en que as obras de ampliación do hospital Montecelo de Pontevedra se poidan iniciar en 2018, aínda que a aprobación do plan de incidencia supramunicipal podería provocar demoras neste horizonte.


O centro pasará a denominarse Gran Montecelo e as obras suporán a construción dun edificio anexo e reordenar os usos tanto deste complexo, como o Provincial e o centro de especialidades de Mollabao.


O convenio asinárono o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, por parte do Concello de Pontevedra; e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, en nome da Xunta de Galicia. A firma estivo presidida polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.


"Esta ampliación é o que a sanidade pontevedresa demandaba e o que os veciños merecían", sinalou Alberto Núñez Feijóo durante a súa intervención na que destacou as vantaxes que "a todos os niveis" terá o novo hospital con respecto ao actual.


O acto protocolario, que se desenvolveu no Pazo de Mugartegui, dá carpetazo definitivo á aposta do Goberno galego por un novo hospital en Monte Carrasco. Este errado proxecto foi defendido durante o últimos oito anos polo Executivo de Núñez Feijóo, pero contaba coa oposición do Concello e da cidadanía, que se manifestou en contra en varias ocasións.


130 MILLÓNS


O presidente da Xunta explicou que nesta ampliación investiranse uns 130 millóns de euros e o complexo resultante ocupará unha área de máis de 90.000 metros cadrados e contará cunhas 700 camas, aínda que o número pode variar en función do que determine o plan funcional que se pretende acordar cos traballadores e con todos os colectivos do ámbito sanitario da comarca.


No edificio actual, que manterá o seu uso durante as obras, centralizarase toda a atención ambulatoria. Segundo os plans iniciais, adecuarase para os servizos de cirurxía maior ambulatoria, a cirurxía de curta estancia, un hospital de día e as consultas externas, entre outros.


O Hospital Provincial, pola súa banda, será redefinido como centro para enfermos crónicos e a Casa do Mar, en Mollabao, garantiu Núñez Feijóo, tamén manterá un uso sanitario. A Xunta reservará tamén espazo en todo este ámbito para posibles ampliacións posteriores ou novas dotacións.


O novo Montecelo contará ademais cun aparcadoiro ao aire libre cunhas 500 prazas e outro subterráneo que, en principio, será de uso exclusivo para persoal e servizos sanitarios. A iso unirase a reordenación do tráfico en todo este ámbito con novos viarios de acceso, que serán executados polo Concello e a Deputación de Pontevedra. O goberno municipal asumirá tamén as novas redes de abastecemento de auga e saneamento.


EXPROPIACIÓNS


Aínda que pagará a administración autonómica, o Concello de Pontevedra ocuparase de expropiar os terreos necesarios, entre eles hai varias casas particulares afectadas, que realizará e pagará a administración autonómica.


Ademais, o Sergas non pagará o IBI correspondente, uns 500.000 euros anuais, e o goberno municipal achegará 4 millóns de euros para a adquisición e a urbanización dos terreos necesarios para a ampliación planificada.


Na súa intervención, Miguel Anxo Fernández Lores lembrou que nos últimos anos, pola falta de investimentos, Montecelo quedou "obsoleto" e celebrou que a Xunta de Galicia impulse un hospital público para Pontevedra despois de "experiencias erradas que non funcionaron ben" como o modelo elixido para a xestión do novo hospital de Vigo.


En todo caso, Fernández Lores destacou que este convenio é un exemplo de que "cando as administracións queremos, entendémonos" e mostrou a súa esperanza de que se poidan apurar os prazos para que o novo hospital entre en funcionamento "canto antes".


relacionada Feijóo pecha a lexislatura presumindo do Montecelo e as listas de epera
relacionada ​SOS Sanidade Pública tratará de blindar a ampliación de Montecelo
relacionada Cientos de personas se manifiestan en Pontevedra en defensa de la sanidad publica y por un hospital "único"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE