#Claves de la semana

​Unha árbore que honra as vítimas do tren

O Xardín do Recordo ten unha nova árbore, en homenaxe a Manuel Ramón Suárez, vítima do accidente. A súa familia foi a encargada de plantala.


|


Xardindorecordovitimasalviaangrois


Familiares das vítimas do accidente ferroviario de Angrois reuníronse este luns para lembrar o terceiro aniversario da traxedia, ocorrida o 24 de xullo de 2013, coa plantación dunha nova árbore no coñecido como Xardín do Recordo, situado no Pazo de Faramello, no municipio de Rois (A Coruña). A familia de Manuel Ramón Suárez, falecido a causa do accidente, encargouse de honrar a súa memoria con este xesto.


Con motivo do primeiro aniversario, o grupo de investigación da Escola Galega de Paisaxe da Fundación Juana de Vega, en colaboración co propietario do Pazo, deseñaron este proxecto paisaxístico que fai homenaxe á memoria das vítimas.


Durante estes anos, foi un punto de encontro para os amigos, familiares ou solidarizados co ocorrido, segundo o propietario da leira, Gonzalo Rivero de Aguilar. Tamén nesta ocasión, decidiron realizar un acto solemne no que se plantou unha nova árbore e colocaron dúas placas.


O proxecto paisaxístico sitúase nunha parcela de 7.200 metros cadrados, localizada nunha zona pola que transcorre o Camiño Portugués. O dono contabilizou desde o primeiro ano "preto de 50 árbores", unha por cada vítima, e están a proceder a colocar a placas cos nomes colgadas das súas ramas.


A partir das 12,00 horas deste luns, os familiares fóronse achegando a este lugar, cuxo obxectivo principal, segundo indicou o propietario, é "crear un espazo para honrar e lembrar ás vítimas".

relacionada Víctimas y familiares de Angrois reclaman justicia después de tres años de "mentiras"
relacionada Ana Pastor planta a las víctimas de Angrois
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE