#Claves de la semana

​Os fisioterapeutas galegos reclaman prazas no Sergas

Máis de 800 profesionais optaron esta fin de semana ás únicas 11 prazas convocadas dende o ano 2009


|




Máis de 800 fisioterapeutas presentáronse esta fin de semana aos exames do Sergas, tratando de facerse cunha das únicas 11 prazas que convoca a administración galega dende o ano 2009. Un marco perfecto para a concentración destes profesionais, que aproveitaron para reclamar unhamayor presenza da fisioterapia no sistema galego de saúde.



Ante o recinto da Feira Internacional de Silleda, cerdecenas de traballadores mantiveron un minuto de silencio por todas as prazas de fisioterapeuta suprimidas durante os últimos anos, ademais de dar lectura a un comunicado no que demandaron unha convocatoria de prazas “que permite responder ás necesidades da saúde comunitaria”.



Jorge Montero, presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) destacou que se se mantén a situación a poboación galega “verá empeorada a calidade asistencial percibida e continuará sufrindo largos tempos de espera para poder acceder ao servizo de Fisioterapia”.



Denuncian que mentres non se crean prazas no sistema público “os pacientes seguen sendo derivados a centros concentrados”. Por iso se comprometen a seguir traballando para “acadar a presencia de fisioterapeutas en todos e cada un dos centros de Atención Primaria e en todas as áreas de especialidade clínica”, xa que consideran que a Fisioterapia ten demostrado ser “unha profesión independiente que demostrou ser efectiva a un coste moi baixo e cunha alta satisfacción por parte do paciente”. 

relacionada Cerca de 13.000 aspirantes optan a 200 plazas del Sergas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE