Chega o turno de Feijóo de responder sobre a hepatite C
O presidente da Xunta acode ao parlamento para dar conta dos supostos retrasos en tratamentos polos que están investigados dous altos cargos do Sergas
Trala comparecencia do conselleiro de Sanidade, chega o turno de Alberto Núñez Feijóo para responder polos supostos retrasos en tratamentos de hepatite C polo que están investigados dous altos cargos do Sergas.
Feijóo deberá responder sobre este tema forzado polas preguntas da oposición, despois de que fora rexeitada unha comparecencia xa que o partido popular entendeu no seu momento como suficientes as explicacións dadas por Jesús Vázquez Almuíña.
En todo caso, o presidente da Xunta acude ao Hórreo cun recado da plataforma de afectados. O seu presidente, Quique Costas, pediulle unha disculpa polas súas declaracións en Madrid, cando afirmou que non lle parecía "lóxico" vincular os supostos retrasos cos recortes "por dúas ou tres mortes".
Escribe tu comentario