# Claves de la semana

Mar augura unha "boa noticia" sobre a cota de caballa

Pese a todo, asegura que non existe un "trato discriminatorio" con Galicia


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, augurou este venres que a Federación Galega de Confrarías de Pescadores conseguirá "unha boa noticia" sobre a cota de caballa tras falar coas federacións cántabra e vasca.



Con todo, asegurou que non existe un "trato discriminatorio" con Galicia no que respecta á cota de caballa que corresponde a esta comunidade: "Xa o explicamos por activa e por pasiva, o que sucede é que este ano, por desgraza, temos menos posibilidades de pesca de caballa que o ano pasado".



En concreto, precisou que este feito se debe, "en parte", a "un descenso do 15 por cento que hai para todo o TAC de caballa que lle tocou a España" na repartición que se fixo o pasado mes de decembro.



Neste sentido, tamén subliñou que o ano pasado a frota de artes menores de Galicia "sobrepescou 600 toneladas de máis", que houbo que "descontar" este ano. Así, mantén que tanto o descenso do 15 por cento do TAC de caballa como as citadas 600 toneladas de sobrepesca do pasado ano son os que fan que se parta dunha situación "en peores condicións" que as frotas do Cantábrico e do País Vasco.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE