#Claves de la semana

Medio Rural cree que "non é o momento" para protestas no sector lácteo

Recoñece que os gandeiros teñen motivos para protestar, pero aposta por concentrarse na unión dos produtores 


|



A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, recoñece que a protesta dos gandeiros galegos "está xustificada" ante un perído que define como "convulso", no que os sindicatos alertan contra peche de máis de 3.500 granxas debido aos baixos prezos que se paga polo leite. 


Pero pese a todo, a titular de Medio Rural considera que "non é o momento" para protestas. Pola contra, aposta por "redimensionar" as explotacións ante as dificultades que atravesan as granxas de menor tamaño, comprometéndose a traballar na unión para conseguir unha organización de produtores forte en Galicia. 


A conselleira recoñeceu que o prezo que reciben os gandeiros polo leite, que cifra nos 28 céntimos por litro, "non é un bo prezo". Pero busca aspectos positivos, como que levan "sete meses consecutivos mantendo os prezos", sen baixadas, desde o acordo lácteo asinado en Madrid en setembro.


Nesta liña, Vázquez sinala que se as dúas organizacións de produtores lácteos (OPL) existentes en Galicia, Ulega e Aprolac, "se constituísen en asociación de OPL contarían co 37% dos produtores e cun 34% do volume de leite producido en Galicia", o que "mostra a fortaleza que a unión de produtores terían nas negociacións cos primeiros compradores".


"É unha materia pendente que temos que desenvolver e que persoalmente me poño como deber", afirmou, mentres lamenta que ademais estean "o 63% dos produtores sen organizar". Por iso, ve "fundamental a unión" de cooperativas e que sexa "competitiva".


A EXPLOTACIÓN PEQUENA "NON TEN RAZÓN DE SER"


Nun venres no que Leite Río deixa de recoller a produción de case 70 gandeiros das comarcas de Santiago, Ordes, Terra Cha e A Mariña, a conselleira foi preguntada sobre se poderán seguir existindo as pequenas explotacións lácteas en Galicia.


Respecto diso, a conselleira sinalou que as pequenas explotacións "non teñen porque estar obrigadas a desaparecer", pero aposta por "redimensionar" as granxas para conseguir rendibilidade.


"O concepto de explotación pequena e non competitiva non ten razón de ser, pero non porque nós non o queiramos, senón porque non dan calidade de vida", asegurou. "Non podemos crer que a xente vai estar asentada no rural sen un duro", apostilou. De tal modo, sostén que "hai que ser competitivos" e iso "supón dimensión".


relacionada ​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas
relacionada Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela
relacionada Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro
relacionada A Mesa do leite arrinca sen contentar aos gandeiros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE