#Claves de la semana

Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela

No SLG ten constancia de canto menos cinco explotacións afectadas, todas "de pequena escala e rexentadas por mulleres maiores de 50 anos


|


A partir do 1 de abril Leite Río abandonará varias rotas de recollida de leite, deixando "na estacada varias granxas da comarca de Ordes", segundo denunciou o Sindicato Labrego Galego. 


A empresa alega dificultades de acceso "a unhas granxas ás que lles estivo mercando o leite sen problemas nos últimos anos". No SLG ten constancia de canto menos cinco explotacións afectadas en Ordes, todas "de pequena escala e rexentadas por mulleres maiores de 50 anos que teñen na gandería a súa única dedicación profesional posible". A maiores, tamén soubemos de dous casos máis na comarca de Compostela.


"Aínda que temos constancia destas sete granxas, cremos que podería haber máis afectadas, pero dende Leite Río non nos facilitaron os datos ao respecto". En todo caso, consideran un problema que as industrias exerzan "con total impunidade a súa posición de dominio na cadea de valor, perpetrando todo tipo de abusos e arbitrariedades coas granxas ás que lles mercan o leite a prezos miserables".


Denuncian a existencia de leis que permiten estas "tropelías" e un "silencio cómplice" da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura que as ampara, Por iso reclaman a intervención urxente de medio rural, para que determine o número de granxas afectadas e atope unha solución que non consista en  "forzalas a regalar a súa produción para leite en po a prezos por baixo dos 20 céntimos por litro".

relacionada Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro
relacionada Lence (Leite Río) ameaza con levar á planta do Ceao a Madrid se non hai unha solución
relacionada A Mesa do leite arrinca sen contentar aos gandeiros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE