#Claves de la semana

​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas

Este xoves concentráronse diante da consellería de Medio Rural, esixindo solucións para a crise de prezos no sector leiteiro


|


Os gandeiros galegos síntense estafados. Cúmprese medio ano do acordo firmado polo Ministerio de Medio Rural, no que a industria e a distribución se comprometían a establecer unha cadea de valor sostible para o sector leiteiro. Pero dende a Plataforma do Sector Lácteo denuncian o incumprimento deste acordo, protestando contra unha situación “dramática” na que os gandeiros se seguen vendo obrigados a vender o seu producto a prezos “miserables”.


Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, asegura que o acordo firmado en setembro só serviu para “utilizar de reféns aos consumidores e subirlles o prezo do leite” sen repercutir esa subida sobre os gandeiros.


Critica duramente a actitude das administración, considerando que “estamos en mans de incompetentes”. Neste senso, alude ás declaracions dun alto cargo do Ministerio de Medio Rural nas que asume que se pecharán 5000 explotacións leiteiras en España. Tendo en conta que no último ano 7 de cada 10 explotacións que pecharon eran galegas, Vilalba augura que “máis de 3500” das explotacións abocadas ao peche polo ministerio “serían familias radicadas en Galicia”.


Ante esta situación, os gandeiros decidiron retomar as mobilizacións. Hoxe comezaron en Santiago, concentrando varios centos de persoas diante da consellería de Medio Rural. Pero non pensan quedar ahí. Óscar Pose, voceiro de Unións Agrarias, avisa de que chegarán “ata onde faga falta”.


Pose cita o exemplo das mobilizacións de decembro, nas que “doblegou a distribución” para garantir que non pararán ata conseguir unha resposta clara da administración. “Vai doblegar porque a vida das nosas familias vai nesta batalla”, sentenciou.


Polo de agora, non hai novas manifestacións convocadas. Dende a Plataforma conservan a esperanza de que a Xunta utilice a Mesa de negociación convocado para o día 8 para anunciar solución urxentes que atallen a crise do sector. 

relacionada Os gandeiros galegos retoman as súas protestas fronte á Xunta
relacionada Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela
relacionada Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro
relacionada A Mesa do leite arrinca sen contentar aos gandeiros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE