#Claves de la semana

Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro

Permitirá pactos para reducir voluntariamente o volume de produción, aumentará prezos de intervención e considerará permitir axudas estatais


|


As  boas novas que esperaba a Xunta para o sector leiteiro chegaron dende Bruselas, en forma dun paquete de medidas que non contentou en absoluto aos gandeiros galegos. Como medida estrela, a Comisión Europea abriu a porta a que as diferentes organizacións poidan pactar entre elas para reducir voluntariamente a produción de leite, axustando temporalmente a relación entre a oferta e a demanda e freando os baixos prezos que actualmente se están a pagar pola materia prima. 


Paralelamente, tamén propuxeron dobrar os volumes de intervención pública a prezo fixo para o leite desnatado en pó e para a manteiga. Por último, comprométense a considerar a posibilidade de aceptar, de forma temporal, axudas estatais de ata 15.000 euros por gandeiro ao ano, sen teitos nacionais. 


Este paquete de medidos foi recibido de forma moi crítica polos sindicatos Unións Agrarias, Xóvenes Agricultures e Sindicato Labrego Galego, que a calificaron de "decepcionante". 


Valoran a posibilidade de dobrar a intervención pública, pero lamentan que non veña acompañada dunha modificación dos prezos. En canto á posibilidade de organizarse e reducir a produción, consideran que esta medida debería ser "encabezada" polos estados membros, e dunha forma coordinada, porque se non, "de nada sirve" disminuir o leite que cada un produce". 



Para o secretario xeral de XX.AA., Francisco Bello, "como sempre Bruxelas tarda en reaccionar e cando o fai case nunca está á altura do que os produtores demandan", sinalando as dificultades que presenta a autorregulación. 


O voceiro do SLG, Xabier Gómez Santiso, amosouse aínda máis crítico co paquete de medidas, cargando  contra "os señores da Comisión Europea, que defenden os intereses dos especuladores". "Néganse a regular e din regulade vós. Pero o que fai falta é que se lexisle, para ter todos a mesma lei; porque, se non, estamos perdidos", subliñou.


relacionada O leite págase peor en Galicia que no resto de España
relacionada Galicia espera boas noticias sobre o prezo do leite
relacionada A Mesa do leite arrinca sen contentar aos gandeiros
relacionada O prezo do leite segue sen subir no 2016
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE