# Claves de la semana

A busca do ouro galego abarca 70.000 hectáreas

Salvemos Cabana advirte contra o "risco" que suporía a autorización dun complexo de lixiviación como o que contemplaba o proxecto de Corcoesto



O proxecto 'Isabela II' fixo saltar as alarmas, reactivando o temor cara un novo Corcoesto centrado esta vez no municipio de Zas. Pero poderiamos atoparnos ante a punta do iceberg: o colectivo ecoloxista Salvemos Cabana accedeu aos datos do Censo Mineiro de Galicia, descubrindo decenas de concesións en diferentes estados de tramitación por todo o noso territorio, que poderían chegar a afectar un total de 70.000 hectáreas.


Na práctica totalidade destas concesións o mineral atopariase contido en roca, algo que implicaría procesos agresivos como a flotación ou a lixiviación, implicando inmensas cantidades de residuos e utilización de cianuro de sodio para poder acceder a el. 


Os residuos ten que almacenarse nalgún sitio, por iso os  ecoloxistas advirten contra o "risco" que suporía a autorización dun complexo de lixiviación como o que contemplaba o proxecto de Corcoesto. Na actualidade, no noroeste peninsular tan só existe un complexo deste tipo, o localizado na antiga mina a ceo aberto da localidade asturiana de Belmonte de Miranda.


Pero dende Salvemos Cabana consideran altamente improbable que se acepte acoller os residuos galegos neste complexo. Por iso temen que se utilice o embalse de Corcoesto para albergar residuos tóxicos procedentes de diferentes puntos do territorio galego. Como xerme dos seus temores aluden á documentación en consulta pública da solicitude do permiso Julia-2, na que a propia Mineira de Corcoesto S.L./Edgewater recoñece o seu interese en obter "todos os dereitos mineiros dispoñibles" en xacementos "que polo seu reducido tamaño só poderían ser economicamente explotados no caso de poder beneficiarse dunha planta de tratamento xa en funcionamento e próxima".


Os ecoloxistas lamentan unha vez máis a "permanente aposta do Goberno autonómico do PP polo neoextractivismo" asinando convenios coa patronal mineira "baixo a sombra falaz de eufemismos como os de minería responsable ou minería sustentable". 


Recordan que no seu momento a mineira Edgewater usou a explotación de ouro en Asturias como exemplo de "impecable práctica mineira" para ilustrar o seu pretendido proxecto en Corcoesto. Anos despois, unha das explotacións que se utilizaban como exemplo foi denunciada en 2015 por presunto delito ambiental concluíndo das dilixencias practicadas que o río Cauxa, ao seu paso pola zona de influencia das instalacións mineiras, soporta a emisión dunha serie de verteduras de sustancias catalogadas como perigosas pola súa elevada toxicidade. Dende Salvemos Cabana pregúntanse "se ese é o futuro que Alberto Núñez Feijóo e o seu Executivo desexan para o territorio galego e os seus habitantes".

relacionada Salvemos Cabana trata de parar a investigación mineira 'Isabela II'
relacionada Denuncian o retorno da "febre do ouro" en Bergantiños
relacionada Crece la preocupación por un 'nuevo Corcoesto'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE