O conselleiro de Sanidade nega colapsos nas urxencias de Santiago
Fala de "picos" de afluencia derivados da gripe e doutras patoloxías, nos que o centro "respondeu perfectamente" grazas á súa alta "flexibilidade".
Para o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, as urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) non están colapsadas. O que houbo foron "picos" de afluencia derivados da gripe e doutras patoloxías, nos que o centro "respondeu perfectamente" grazas á súa alta "flexibilidade".
Vázquez Almuíña recorda que a asistencia urxente non é "planificada", senón que rexistra "enormes variacións ao longo dos días e dos meses do ano". Neste senso, o que para el debe ter un hospital é "capacidade de adaptación", algo que segundo as súas palabras se cumple no caso de Santiago.
Remítese ás cifras deste mesmo luns, no que as Urxencias do CHUS atenderon "en torno a 500 persoas", das que un 10% foron ingresadas, polo que descarta que o servizo esté colapsado.
O conselleiro respondeu deste xeito as denuncias de varios sindicatos e partidos sobre "colapsos" nas urxencias deste hospital.
Escribe tu comentario